gain gain gain
xunta

xunta

Xornadas de divulgación tecnolóxica: Simulación, Modelización e Big Data na Industria 4.0



Proporcionar ás PeMES o acceso ás tecnoloxías facilitadoras, en concreto á computación avanzada (HPC) é unha prioridade das políticas europeas, nacionais e rexionais.

GAIN a través do CIS GALICIA e o CESGA, traballa dende 2015 no deseño de actuacións conxuntas para impulsar o uso da computación e facilitar ás PeMES o acceso a esta tecnoloxía chave para a industria 4.0. 

Neste marco de colaboración, desenvolveranse actividades de divulgación, formación, demostración e servizos para apoiar ás PeMES no seu proceso de incorporación de Tecnoloxías 4.0,  ofrecéndolles a posibilidade única de utilizar infraestruturas de supercomputación e procesado masivo de datos para proxectos de mellora empresarial e para proxectos de I+D+i.

Paralelamente, o IGAPE e a Amtega a través do  programa Re-acciona TIC, presentan un servizo de apoio económico para mellorar a competitividade das empresas a través de sete servizos TIC, un deles é o de “Xeración de Modelos e Simulación Industrial”.

Para presentar esta combinación de medidas de apoio á PeME, GAIN organiza, en colaboración coas mencionadas entidades, un programa de xornadas de divulgación tecnolóxica específico para que as PeMEs coñezan estas medidas de apoio e fagan uso da computación mediante aplicacións de Modelización, Simulación e Big Data.

As xornadas están dirixidas a persoal directivo e responsables de departamentos de empresas de tódolos sectores (xerentes, responsables de produción, responsables de oficinas técnicas, etc).

Estas xornadas celebraranse en distintos puntos de Galicia. Nelas, informarase ás PeMEs das diferentes medidas postas en marcha por GAIN , IGAPE e o CESGA para impulsar o uso destas tecnoloxías nas PeMEs. Tamén se informará dos beneficios para as PeMEs  da simulación numérica, a modelización e o Big Data, e das tecnoloxías que se requiren para implantar estas novas solucións. Por último presentaranse casos de éxito de empresas da nosa contorna que xa teñen implantadas estas solucións e o servizo Re-Acciona TIC de mellora competitiva para PeMES galegas.

Lugares de Celebración

Data Lugar

1 de decembro do 2016

Ferrol. CIS-GALICIA.

20 de decembro do 2016

Ourense. TECNÓPOLE.

12 de xaneiro do 2017

Lugo. Confederación de empresarios de Lugo (Sede Central).

25 de xaneiro do 2017

Porriño. AIMEN. Centro de Aplicaciones Láser.

9 de febreiro do 2017

Bergondo. Asociación de empresarios de Bergondo.

Aplazada

Santiago. Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia.

Programa

09.30h.

Presentación institucional.

 

 

Servizos do CESGA e GAIN-CIS Galicia para o impulso da matemática industrial e a computación nas PEMES.

Javier García Tobío. CESGA

09:45h.

Simulación numérica e análise de datos. Beneficios para as PEMES

Javier García Tobío. CESGA

10.00h.

Tecnoloxías necesarias: hardware, software e aplicacións. Requirimentos para a súa implantación.

Andrés Gómez Tato. CESGA

10.15h.

Casos reais de empresas que xa apostaron pola implantación destas tecnoloxías.

Andrés Gómez Tato. CESGA

10.30h.

Casos de éxito cara unha industria 4.0 grazas ás tecnoloxías Big Data & MSO (Modelización, Simulación e Optimización).

Rubén Gayoso. ITMATI